LUGRÍS, PAREDES SOÑADAS

Sede Afundación Coruña
do 31 de marzo ao 3 de setembro de 2017
A Sede Afundación da Coruña acolle, do 31 de marzo ao 3 de setembro, «Lugrís, paredes soñadas», unha exposición que repasa o traballo realizado por Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 - Vigo, 1973) como decorador de espazos, con fondos procedentes da Colección de Arte ABANCA e da Colección de Arte de Afundación, ás que se suman obras doutras importantes coleccións públicas e privadas como as da Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia, o Museo de Pontevedra, a Universidade de Santiago de Compostela ou a AECID, entre outras.
Este proxecto expositivo, producido por ABANCA, celebra a restauración realizada pola propia entidade do muralVista de A Coruña1669, pintado por Lugrís para decorar o Banco Hispano-Suízo, situado na rúa Real da cidade herculina. Tras meses de intenso traballo de rehabilitación, o mural xa loce no acceso á sede principal do banco, pola rúa Olmos. Co gallo desta restauración, a entidade organiza esta mostra, dirixida por Rubén Ventureira, xornalista e investigador da obra do artista, para reivindicar a figura de Urbano Lugrís dentro da historia da arte galega.