SONORO EMPEÑO.
A MÚSICA NAS COLECCIÓNS ABANCA E AFUNDACIÓN

Sede Afundación Coruña
do 29 de outubro 2018 ao 2 de marzo 2019
Unha mostra fascinante con que vivir en directo obras de Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho ou Xaime Quessada, entre outros artistas nacionais e internacionais. Todo o percorrido expón a confluencia entre música e pintura, podendo degustar ata un total de 50 pezas excepcionais das coleccións de arte ABANCA e Afundación.