SONORO EMPEÑO.
A MÚSICA NAS COLECCIÓNS ABANCA E AFUNDACIÓN

Centro Obra Social ABANCA. Santiago de Compostela
25 de marzo a 15 de setembro 2019
Queres respirar a carón de obras de Wassily Kandinsky, Pablo Picasso ou Castelao? Ollar o universo creativo de José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís e Luís Seoane? E sentir Menchu Lamas, Luís Caruncho ou Xaime Quessada? Síguenos e descubre moitas máis personalidades senlleiras da pintura, anoadas nesta ocasión ao mundo da música...