PICASSO E O CUBISMO
NA COLECCIÓN DE ARTE ABANCA

Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, Madrid
do 16 de outubro ao 13 de decembro de 2015
Co título Picasso e o cubismo na Colección de arte ABANCA, a mostra reúne un conxunto de cinco pezas do mestre malagueño, ademais de outras tres dos pintores que, xunto con el, formaron o núcleo central do cubismo: Braque, Juan Gris e Léger. A selección se completa con dúas pinturas de Metzinger e María Blanchard, tamén pertencentes ó movemento francés, un lenzo de Manuel Ángeles Ortiz e unha escultura de Julio González.
A exposición abarca un arco cronolóxico que se estende dende 1895 ata 1963. Comeza cunha escena popular e unha caricatura pintadas por un novísimo Picasso en 1895, así como un debuxo realizado en París en 1901 – cidade á que o pintor se trasladara ese mesmo ano para expor na Galería Vollard-, continúa cunha selección de obras cubistas das décadas de 1910 a 1930 entre as que destacan Composición cubista con botella(c.1918) de María Blanchard, Paquet de tabac et verre (1922) de Picasso, Le raisin noire (1923) de Juan Gris o Verre et raisins (1930) de Georges Braque, para terminar cun lenzo da serie Le Peintre et son modèle (1963-1965), na que Picasso reflexiona sobre o proceso creativo en si mesmo.