GALICIA UNIVERSAL. A ARTE GALEGA NAS COLECCIÓNS ABANCA E AFUNDACIÓN

Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela
do 16 de marzo ao 14 de outubro 2018
A exposición propón unha escolma de 192 pinturas, esculturas, instalación artísticas e fotografías desde o século XIX ata a actualidade.A través deste completo percorrido comprenderemos a singularidade da arte galega e a súa conexión cos principais movementos internacionais.Situándonos fronte ao espello dos nosos creadores, a mostra reflicte como nos vemos e nos mostramos, convidándonos a reflexionar sobre os elementos que definen a nosa identidade.
Por primeira vez, unha mesma mostra reúne 115 dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos, como son Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez de Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Vieitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro ou Antía Moure, entre outros moitos.
Unha oportunidade única para achegarse ao proceso de construción da nosa identidade cultural e comprender a dimensión universal da arte galega.