DALÍ E O SURREALISMO
NA COLECCIÓN DE ARTE ABANCA

Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, Madrid
6 de noviembre de 2018 a 27 de enero de 2019
A partir desa figura capital que é Dalí formúlase esta nova exposición de ABANCA en Madrid grazas á colaboración co Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, que acolle nunha das súas salas unha escolma de trece das mellores obras da nosa colección.
Así, xunto ao xa citado Dalí, nesta mostra están presentes os nomes de Giorgio de Chirico, Max Ernst, Joan Miró, Maruja Mallo, Óscar Domínguez, Matta, Wifredo Lam, Eugenio Granell e Urbano Lugrís; este último un autor de especial significación para a nosa colección e para a arte galega do século XX.